Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee xa ten guión para loitar contra a violencia de xénero

Cee xa ten guión para loitar contra a violencia de xénero

Durante os meses de outubro e novembro estase a desenvolver o "Programa de prevención da violencia de xénero nos centros escolares do Concello". Un programa organizado pola Delegada de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego en colaboración co CIM, e no que participan os centros IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e Colexio Manuela Rial Mouzo, no que participou o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.

E parece que o audiovisual se está meter nos concellos e nas aulas, como vimos en Ponteceso co programa Rec.Apacita. Pois en Cee, este ano dentro deste programa organizouse o I Concurso de Guións Cinematográficos: ”Cine nas aulas para a promoción da igualdade". Un certame que ten como finalidade a creación dunha ferramenta didáctica para a adquisición de valores preventivos en relación á violencia de xénero.

Así, co guión que levou o 1º premio gravarase unha curta que será presentada oficialmente o día 29 no salón de actos do Concello ás 12:30h.

E xa temos resultado final deste concurso:

  • 1º Premio: "PENSA O QUE SENTES", de Mónica Allo González e Lorena Rey Castiñeiras, de 3º ESO do Colexio Manuela Rial Mouzo.
  • 2º Premio: "MEDO A DECIR: ¡XA BASTA!", de Tanica Casais Blanco e Lorena Fernández Belmonte, de 2º A ESO do IES Agra das Raíces.
  • 3º Premio: "ELIXE OUTRO CAMIÑO", de Iria Abelleira Castro, de 2º A ESO do IES Agra das Raíces.
  • 4º Premio: "O CAMBIO FAINOS FELICES", de Sofía, Fátima e Yara, de 2º B ESO do Manuela Rial Mouzo.
  • 5º Premio: "ÚNICA", de Cristina Canosa Prado, Icía López Vidal e Soraya Sendón Lago, de 4º B ESO do Manuela Rial Mouzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios