Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A ceense Alexia Mariño Beiro, gañadora dun premio do Concurso de Doazón de Médula Ósea

Alexia Beiro co Conselleiro e a familia
Alexia Beiro e a súa familia recollendo o premio a mans do Conselleiro de Sanidade
A ceense Alexia Mariño Beiro, gañadora dun premio do Concurso de Doazón de Médula Ósea

O traballo audiovisual “Almas Xemelgas” de Alexia Mariño Beiro, vén de gañar o segundo premio do premio do Concurso de Doazón de Médula Ósea que organiza cada ano ADOS. Este é o anuncio feito pola estudante de Ciencias da Comunicación de la Universidade da Coruña, natural de Gures, que invita á sociedade a convertirse en doadora.

Alexia continúa a súa formación xornalística. Xa rematou o grado despois de sacar unha espectacular Matrícula de Hona no seu Traballo de Fin de Carreira. Un TFG que foi seleccionado polo Clúster Audiovisual catalán para formar parte da “Semana do Talent”, e que tamén estará en xaneiro á xornada do Clúster TIC galego.

Agora está realizando o máster MPXA, financiado pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández Latorre. Está na especialidade de produción periodística, onde só seleccionan 10 españoles e a 5 iberoamericanos cada curso.

Comentarios