Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A ceense Tamara Martíns Lago recibe un dos 23 Premios Extraordinarios de FP da Xunta

Tamara Martíns Lago no IES Fernando Blanco
Tamara Martíns Lago no IES Fernando Blanco
A ceense Tamara Martíns Lago recibe un dos 23 Premios Extraordinarios de FP da Xunta

A Xunta vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP, a razón de un por cada unha das familias profesionais, cos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022. Uns premios que tratan de recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia.

E entre os 23 gañadores atopamos á Tamara Martíns Lago, xa exalumna do IES Fernando Blanco do CS de Administración e finanzas, que cursou cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos. Vémola na imaxe, aínda en tempos covid, na cerimonia de entrega das becas-premio na que ela foi unha das gañadoras.

Martíns recibe un premio dotado de 1.000€, e poderá concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.

Comentarios