Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A ceense Tania Vieites recibiu un Cum Laude pola súa tese sobre unha nova idea da prescrición de deberes

Tabia Vieites presentenado a sua tese
Tabia Vieites presentando a súa tese
A ceense Tania Vieites recibiu un Cum Laude pola súa tese sobre unha nova idea da prescrición de deberes

A ceense Tania Vieites é membro do grupo de investigación en Psicoloxía Educativa da Universidade da Coruña (GIPED). O pasado 21 de Xullo defendeu a súa Tese Doutoral centrada nos efectos da prescrición de deberes de calidade sobre a autorregulación e o compromiso dos estudantes de Educación Primaria.

A ceense alcanzou a máxima cualificación e converteuse este xoves en doutora cum laude con mención internacional, pois ademais viviu unha estancia predoctoral na Universidade Aristotélica de Tesalónica (Greecia),

O estudo estivo dirixido polos recoñecidos investigadores Susana Rodríguez e Antonio Valle e prevese a publicación dos principais resultados en varias prestixiosas revistas internacionais.

Os deberes

Vieites afrontou, neste traballo dirixido polos recoñecidos investigadores Susana Rodríguez e Antonio Valle, un asunto moi controvertido, polo que de seguro que ten saída en revistas internacionais. De feito, a investigación propón un cambio de paradigma na prescrición de deberes. “As tarefas que se mandan para facer en casa non poden restrinxirse a exercicios de repaso e deben ser entendidas polo alumnado como valiosas para o seu progreso”, propón na liña de que os deberes se prescriban semanalmente e sexan corrixidos polos/as docentes, apuntado os erros, pero tamén as melloras que se van observando. As persoas interesadas poden consultar e descargar no seguinte enlace as condicións do Método de Prescrición de Tarefas para Casa (MITCA) que esta tese doutoral establece como método de prescrición de deberes de calidade.

Comentarios