venres. 08.11.2024
El tiempo

Comeza o curso e con el o VI Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte

Comeza o curso e con el o VI Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte

Tras un ano de parón, volve unha das propostas creativas máis simbólicas da Costa da Morte. Co comezo do curso, Suministros Lar convoca a VI edición do Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte. Un concurso para os mozos da zona que "pasa de ser un entretenimiento máis a canalizarse nun labor didáctica e social", como aseguran dende a entidade organizadora.

Xa esta aberto o prazo de inscripción para este novo certamen e os institutos e asociacións xa foron convocados. Pero ollo, que dada a gran acollida e chegada de solicitudes por parte de numerosos centros, este ano a prazas serán limitadas e por orde de inscripción. O prazo finaliza o 1 de outubro.

A mecánica do concurso será a mesma que en edicións pasadas. Unha vez inscritos, os alumnos asistirán ás instalacións da firma para realizar un curso de formación onde persoal cualificado da empresa encargásese de ensinar a preparar os morteros, como romper o azulexo con seguridade e como empregar as ferramentas de forma correcta. Posteriormente, a empresa entregará o soporte mural e os materiais necesarios para desenvolver o traballo.

Podemos adiantar que o formato do soporte se este ano estara moi relacionado con Costa da Morte. Nos últimos anos temos visto ata velas de barcos que despois da entrega de premios ademais percorren a bisbarra como elementos decorativos.

Unha vez entregadas as obras, o xurado emitirá o seu fallo e do mesmo xeito que en edicións anteriores non faltarán os premios. Nesta edición, participarán os fabricantes Ferrocar, Mapei, Mainzu e Unicer que están, segundo a empresa, "moi comprometidos con este proxecto". O mesmo compromiso comparten as asociacións Integro, Apem e Aspadex involucradas ao máximo con este proxecto educativo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios