Comparte vida en Cee


Este venres 28 de xaneiro, e como cada último venres de mes, desprazarase ata Cee a Unidade Móbil de Doazón de Sangue. Unha unidade que trata de salvar as vidas de 500 persoas que día tras día dependen da solidariedade dos seus conveciños. Así que tódalas persoas que queiran doar poden facelo dende as 17,00 ata as 21,00horas diante do Centro de Saúde ceense.
ITV

E se ademais queres pasarlle a ITV ao teu coche ou a teu ciclomotor tamén tes a oportunidade de facelo. Asignarase día e hora de atención ao público directamente na unidade móbil ou chamando ao teléfono de cita previa 881 92 09 77.
Vehículos lixeiros
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de vehículos lixeiros incluídos os agrícolas prestará servizo neste concello de Cee dende o 3 ata o 25 de febreiro en horario de 9 a 13,30 horas e de 15,30 a 18 horas.
Ciclomotores
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de ciclomotores, de 2 rodas e máis de 3 anos de antigüidade, prestará servizo neste Concello de Cee, o 9 de febreiro de 9 a 13,30 horas e de 15,30 a 18,00horas no aparcadoiro do hospital. Asignarase hora de atención ao público directamente na Unidade Móbil.
Novas relacionadas
- Editorial: Editorial: Como salvar unha vida en 10 minutos .
- O Concello de Cee convoca o VIII Concurso de Pintura.
- As maiores de Cee pintan no Centro Social e os pequechos visitan o Museo Fernando Blanco.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.