Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Concentración do 1 de maio en Cee en contra da reforma laboral da lei de seguridade cidadá

Concentración do 1 de maio en Cee en contra da reforma laboral da lei de seguridade cidadá
Por primeira vez, a CIG convoca en Cee unha mobilización co gallo do Día Internacional da Clase Traballadora que terá lugar este domingo, 1 de maio. A concentración realizarase ás 12:30 horas diante do concello de Cee baixo o lema "Reformas laborais e Lei de Seguridade Cidadá, anulación xa!". Con esta mobilización a CIG quere denunciar "a crise permanente que vive a comarca pola falta de desenvolvemento, con peche de empresas, emprego precario, indicadores económicos e sociolaborais por debaixo da media de Galiza, deixando a emigración como única saída para as traballadoras e traballadores", manifestan dende a unión sindical. Tamén critican o "desmantelamento" dos servizos públicos e de sectores económicos claves na bisbarra como o da pesca. Manifestacion 1 de maio da CIG en Cee Fonte  

Comentarios