Conta atrás para o Festival Solidario contra o Cancro de Cee
09:16 18/11/25
A Xunta Local da AECC en Cee organiza o V Festival Solidario contra o Cancro, que terá lugar o sábado 22 de novembro de 2025, ás 20:00 h na Casa da Cultura de Cee. O festival contará coas actuacións do Grupos de baile Arte e Movemento e Terra de Sena, o Coro infantil da Escola de Música de Cee, Coro Chan das Lamas de Carnota, o Grupo de Folk Ghandaina e o músico Juanma Abelleira.
A entrada ten un prezo de 5 euros, inclúe número para o sorteo, e os menores de 12 anos entran de balde.