Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Convocada a 7ª Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco

Convocada a 7ª Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco
A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a séptima edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao Curso 2017-2018. Esta iniciática, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultados do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar una tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, se recollía a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso. Premios Fernando Blanco 2017-18 Ao igual que en edicións pasadas, estes Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee. Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores). Os alumnos e alumnas que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5. As bases completas que rexerán a concesión dos Premios atópanse na web www.museofernandoblanco.org (pestana Actividades 2018 / Premios Académicos 2017-2018). A cerimonia de entrega dos Premios terá lugar no mes de outubro de 2018 no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco. Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco conta coa colaboración de varias entidades e establecementos que, ano tras ano, son fieis á súa cita con estes Premios Académicos.

Comentarios