![mercado-cee]()
Os máis pequenos visitaron os distintos postos da praza do mercado de Cee
O
mercado de Cee recibiu na mañá de onte a uns clientes moi especiais. Un bo grupo de alumnos e alumnas do CEIP da
Igrexa de Cee e da
Escola Infantil da Pereiriña desprazáronse ate o mercado para coñecer de primeira man os productos frescos que alí se comercilizan.
Os pequenos percorreron os diferentes postos e puideron comprobar a calidade das carnes, pans, froitas, verduras e peixes que hai alí. Ademais tiveron a oportunidade de practicar a compra cos seus "euromercados". E despois da intensa xornada, as praceiras obsequiáronos cunha saborosa merenda.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)