Dous feridos leves tras envorcar o seu vehículo en Gures

18:50 01/01/24
Esta tarde de luns 1 de xaneiro reixstrouse un accidente en Gures. Un vehículo sufría unha saída de vía e acababa envorcado.
Os dous ocupantes tiveron que ser axudados para saír polos Bombeiros, Protección Civil e o 061, que os trasladou ao Hospital Virxe da Xunqueira.
