Egueire invita á Cea Solidaria contando as melloras na maternidade creada en Costa de Marfil

Material doado por Egueire á maternidade de Costa de Marfil cos fondos colleitados en Galciia

Este 5 de decembro, a ONG Egueire organiza unha nova Cea Solidaria para con Costa de Marfil. E que mellor pedir solidariedade que explicando en que se empregan os fondos colleitados en eventos anteriores.

Así o fai a entidade galega, nada en Mazaricos pero xa espallada por toda a provincia, debullando como medra o proxecto da maternidade N'Guessankro, o pobo onde naceu o pai de Desireé. Durante a visita dunha expedición galega durante este verán, na que un grupo de socios e simpatizantes (entre eles Sabina, Audino, Ines de Cee; Desiré e Celine, de Brens; e Lucas, Noa, Xose Manuel eTeté de Mazaricos) viviron en "uliron" en primeira persoa a Costa de Marfil máis profunda, comprobaron o mal estado da maternidade desa vila, un proxecto paralelo ao que nacía da man da solidariedade da Costa da Morte en 2017.

Integrantes da viaxe de Egueire a Costa de Marfil

O grupo de esa viaxe que éramos 13 personas visitamos a Maternidad de N'Guessankro e decidimos poñer en marcha a recaudación pola situación do centro.
 

En apenas 1 mes conseguían 6.020€ que lle serviron para conseguir un material tremendamente valioso para modernizar este pequeno hospital. Así, este pasado sábado, a ONG organizou a entrega de camas de parto, de camas para hospitalización, unha báscula electrónica para benes, un aspirador de mucosidade, varias camillas, tensiómetros…

A sociedade local agradeceu os elementos que permiten que as novas crianzas da vila marfileña nazan cuns parámetros de maior seguridade.

Taller de danza

Este proxecto finalizará co taller de danza africana on Arnaud Kouakou organizado para o 30 de novembro que se celebrará no Centro Don Bosco de Santiago, de 17:00h a 20:00h, e cuia recadación tamén ser destinada para seguir mellorando o precario estado do centro hospitalario.
Podes inscribirte aquí.

Cea Solidaria de Cee

A entidade invita tamén á Cea Solidaria que organiza o 5 de decembro na antigua pizzería La Nona, en Cee. Podes inscribirte, cunha participación de 30 € antes do día 1 a través de correo.egueire@gmail.com ou no 653 477 375.
A gala estará amenizada por Irma Macías e Luis Pinto.

Podes colaborar tamén na fila 0, no ES35 2080 0313 9030 4000 5650.

Novas dos proxectos de Egueire