Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Galicia e África protagonizan un sabroso intercambio cultural en Mazaricos

Fotos de Víctor Hugo
Fotos de Víctor Hugo
Galicia e África protagonizan un sabroso intercambio cultural en Mazaricos

Outro ano máis, a ONG Egueire levou ata Mazaricos o sabor máis auténtico de Costa de Marfil. A Festa Africana volveu convertirse nun intercambio Cultural entre a cultura da nosa comarca e a do país marfileño. Así foron as “batallas” musiqueiras entre o grupo Peta Forte de Cee e as Pandereteiras da Asociación As Neves de Buxantes, “contra” o grupo de baile procedente de Ángola.

A comida consistiu en cachelos co polo a brasa que é algo típico da nosa terra acompañados por salsas e guarnicións africanas. O postre consistiu en pan de ovo acompañado dunha bebida dulce parecida a un iogurt con cereais chamado Deguêh.

Desire Kouakou na Festa Africana-Foto-VH

Dende Egueire ONG, o seu presidente Desire Kouakou Tanoh agradece a participación outro ano máis dos asistentes e o voluntariado, o mesmo que de toda a xente que participou na mesa cero o non poder asistir o evento, pois cómpre lembrar que estas festas fanse para recadar cartos para manter vivos os proxectos en Costa de Marfil.

Antes da festa, realizouse a proxección dun interesante documental sobre o cultio de chufa en África. Un documental para o que a maior comercializadora de chufa do mundo pide a súa censura:

Novas relacionadas

Comentarios