Egueire aproveita a Cea Solidaria para contar como se desenvolven os proxectos creados en Costa de Marfil cos cartos da solidariedade galega
Acción directa é a que propón a ONG Egueire, demostrando que as colaboracións que fan todos os seus socios, van directamente ao desenvolvemento de proxectos reais, proxectos que empoderan á cidadanía de Costa de Marfil. A ONG afianzada na Costa da Morte celebraba esta fin de semana a súa Cea Solidaria, na que máis de 150 persoas, ademais de poñer o seu grao de area, comprobaron como se desenvolven proxectos creados con cartos saídos da solidariedade d@s galeg@s.
O presidente da ONG, o párroco Desire Kouakou Tanoh aproveitou para agradecer a implicación da xente coa Ong e describiu a situación do proxecto agropecuario que se está levando a cabo. Un proxecto que comezaba xa en 2016 coa formación, durante 2 anos, de dous mozos de Costa de Marfil no EFA Fonteboa, e que se puña andar o pasado mes de setembro.
Construcción da nave no proxecto Agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Reparto de sementes para iniciar os sementeiros no proxecto agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Sistema de regadío implatado nos terreos de Costa de Marfil-Foto-VH
Tamén contou como evoluciona a Maternidade, que cumple o vindeiro mes de decembro dous anos dende a súa construción e que duplicou o seu plantel de traballadores neste tempo, sendo xa un referente para o estado aínda que queda moito camiño por percorrer na formación da sociedade africana.
Dous anos en funcionamento cumpliu xa a Maternité
Foi o ceense Víctor Hugo Conde, quen o acompañou o pasado mes de novembro a Costa de Marfil, o que tamén contou a dura realidade coa que se atopou, e a axuda que se está levando a cabo, a cal fotografiou e compartiu cos asistentes.
Na cea contouse ademaís coa colaboración de dous rapaces ceenses, Lucia e Gabriel, quen están a realizar un voluntariado coa ONG con motivo dun traballo escolar, que ten moitas cousas por diante.
Novas dos proxectos de Egueire
- Outubro 19: Egueire bota a andar, superando adversidades, o proxecto agropecuario en Costa de Marfil.
- Agosto 19: Galicia e África protagonizan un sabroso intercambio cultural en Mazaricos:
- Outubro 18: Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil.
- Xuño 18: As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17: A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Xullo 16: Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.