Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país

Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
César Kinino e Joseph Arnaud Valera no EFA Fonteboa César Kinino e Joseph Arnaud Valera no EFA Fonteboa

Está moi africana este ano a Costa da Morte. Gracias a implicación do xa mítico párroco Desiré, e do gran traballo da ONG Egueire, a bisbarra está aprendendo a disfrutar o sorriso africano. Xa vimos as festas que están armando os membros do coro Saint Luc Banabakintu pola volta. Un xeito de espallar a súa cultura por occidente, e conseguir unha maior concienciación da desigualdade do noso mundo.

Pero un dos proxectos que máis nos gustan é o que protagonizan César Kinino e Joseph Arnaud Valera. Estes dous mozos de 26 anos xa levan case un ano na comarca de Bergantiños, coa intención de aprender todo o que poidan en materia agropecuaria, para poñer en funcionamento unha escola rural alí no seu país, Costa da Marfil. Unha aposta tremenda pola formación, que debe ser exemplo de cooperación internacional, que moitas veces emprega demasiado esforzo en crear cousas que non se poden soster.“Queremos buscar un futuro para a nosa xuventude”, explica sempre o bo de Desiré, para explicar este ilusionante proxecto.

César Kinino e Joseph Arnaud Valera no EFA Fonteboa 3

Cesar e Joseph, despois de moitos problemas burocráticos, conseguiron incorporarse defintivamente ao curso de Ciclo Medio de Produción Agriopecuaria do EFA Fonteboa en febreiro, despois de varios meses de adaptación, sobre todo idiomática. Mentres non estaban oficialmente matriculados, o pioneiro centro coristanqués coidounos dun xeito exemplar, involucrándoos en cada actividade, e mesmo levándoos con todo o grupo a Francia, onde por fin conseguiron romper barreiras e facerse dous amigos máis para todos os alumnos.

”Para a Escola é moi positivo que estean dous mozos doutro de país, de África, cunha realidade socio-económica tan diferente, que permite aos nosos alumnos comprobar que non todo o mundo vive igual de ben ca nós”, recoñece Luís García, director do Centro e un dos grandes valedores deste proxecto. “A recepción por parte do resto de compañeiros está sendo estupenda”. Mentres, pola súa parte, son moitas as diferencias culturais que chaman a atención destes dous mozos, como a limpeza e a orde.

César Kinino e Joseph Arnaud Valera no EFA Fonteboa 2

O proxecto continúa. Eles residirán no Centro coristanqués os vindeiros 2 anos, gracias á beca da ONG Egueire e cunha axuda Fundesar, a Fundación das EFAS de Galicia, que permiten aportar os 3.500€ que custa cada alumnos ao ano. Sairán en 2018 como diplomados no Ciclo Medio de Produción Agriopecuaria, esperando que ao chegar de volta non hai problemas para a convalidación do título e que poidan exercer de mestres nunha escola que xa está en marcha.

De feito, Secretario Xeral da AIMFR-RFEF vai visitar as instalacións da escola de Costa de Marfil este ano. A Asociación Internacional de Movimientos Familiares de Formación Rural (Luís García forma parte da directiva) está formada por uns 1000 centros de todo o mundo, e vai colaborar tamén coa formación de Cesar e Joseph con asesoramento pedagóxico.

Mentres, durante este verán, o centro conseguiulles unhas prácticas na empresa Benedicto Cumplido, empresa dun antigo alumno, para aprender tamén mantemento hortícola e manter ocupado o verán formándose de xeito práctico.

Un auténtico exemplo de como podemos axudar a países que buscan o seu propio desenvolvemento.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios