luns. 02.12.2024
El tiempo

“A enfermidade do Lupus cúrase con cariño”

Mulleres da Asociacin Galega do Lupus-Foto-Jaime Casais
Mulleres da Asociación Galega do Lupus en Cee-Foto-Jaime Casais
“A enfermidade do Lupus cúrase con cariño”

Este pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura de Cee unha charla informativa sobre o Lupus, na que participaron o doutor Francisco Branco, reumatólogo e científico investigador, e Loli Caderno, presidenta da vocalía de Santiago da Asociación Galega de Lupus (AGAL).

Cunha presentación moi didáctica, o doutor Branco explicábanos que é o Lupus, unha enfermidade autoinmune, crónica e que pode afectar a calquera parte do corpo. Tamén falou das precaucións que deben tomar os pacientes de lupus, resaltando que a enfermidade trátase sobre todo con agarimo.

Cheo para a charla do Lupus en Cee-Foto_Rafa quintans
Cheo completo en Cee para a charla sobre o Lupus-Foto-Rafa Quintáns

Pola súa banda, Loli Caderno, explicou a historia e o labor de AGAL, unha asociación sen ánimo de lucro que busca sobre todo dar apoio e coñecemento sobre esta dolencia, tanto a pacientes como aos seus familiares.

O acto, que contou co apoio do concello de Cee e coa asistencia da súa alcaldesa, Margarita Lamela completou o aforo, sendo este primeiro acto en prol da visibilización do lupus en Cee un éxito rotundo de asistencia.

Charla de Lupu en Cee-Foto- Jaime Casais

Comentarios