venres. 06.12.2024
El tiempo

O equipo de tenis de mesa de Cee xa compiten na 2ª División Nacional feminina

Equipo de tenis de mesa do CEIP Eugenio Lopez de Cee
O debut do equipo de tenis de mesa do CEIP Eugenio Lopez de Cee
O equipo de tenis de mesa de Cee xa compiten na 2ª División Nacional feminina

Só dúas vitorias para a familia do tens de msa costeiro na pasada fin de semana. Na categoría masculina, a de AD Zas O Pinar e a sorprendente, ou non tanto, do VTM Pinturas Figueiras.

Pero a xornada veu marcada polo inicio da 2ª División Nacional feminina e dentro dela do debut do equipo Concello de Cee que empeza a súa andaina neste deporte.

3ª División Nacional masculina

  • Resultado: Concello de Mazaricos - Ribadeo TM (2-4).
  • Resultado: Dez Portas - AD Zas Ponciano Nieto (4-0).

Outras dúas derrotas para os equipos do AD Zas, una clara ante os de Ribadeo e a outra contundente en Lugo. Os de Concello de Mazaricos xogaron moi ben pero ao non xogar Miguel Rey quedaron en clara inferioridade contra os rivais. De agora en adiante terá que xogar para retomar a senda das vitorias.
En canto ao AD Zas Ponciano NIeto debe cambiar moito se quere estar nunha zona sen apuros. Agora veñen 15 dias de descanso das ligas nas que deben resetear e cargar as forzas para os compromisos da liga.

1ª División Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Arteal Ventanas (4-3).
  • Resultado: Oroso Peluquería Tije - AD Zas Dimobel Bazar Baio (6-1).

Vitoria apurada e con moito esforzo a conseguida polo VTM Pinturas Figueiras e con parciais de 3-2 favorables, xa van dominando os nervios, destacar que todos puntuaron para a vitoria o que levanta os ánimos. Así darle a noraboa a Paco, Julio Brais e Nico por un triunfo que xa os pasa a zona alta da clasificación.

Por outra parte esperábase un encontro máis igualado entre os veteranos de Zas e Oroso, pois xa se coñecen ben e os seus partidos soen ser moi nivelados, pero desta vez os de Oroso gañaron con claridade, e só cederon un partido ante Castro.

2ª División Galega

  • Resultado: CTM GAM Mas - AD Zas O Pinar (0-7).

Tenis de mesa Meaño e o equipo AD Zas  O Pinar

Vitoria clara e contundente a do AD Zas O PInar que aproveitaron o seu desprazamento a Meaño para impoñerse a un equipo que debuta este anoe ao que desexamos moitos exitos vindeiros. De momento os de Zas suman a súa segunda vitoria e dan algo de alegría ao club pois o resto de resultados non foron positivos. Moi ben os integrantes do equipo Laura, Manuel e Adrián que desfrutaron da viaxe de retorno, coma xe neles é habitual, cunha boa pizza para cear.

2ª División Nacional femenina

  • Resultado: SD A Baña - Concello de Cee (3-0).
  • Resultado: CTM GAM Fem - Concello de Cee (3-0).
  • Resultado: CTM GAM Fem - SD A Baña (3-0).

Comezo esta liga de 2ª Nacional Femenina que por sistema de concentracións disputase entre os equipos femininos que empezan neste deporte como foi o caso do Concello de Cee, este non foi capaz de gañar ningún set pero deron mostras de saber estar e desfrutaron que realmente é o importante cando se fai unha actividade física. Por iso darlle a noraboa a benxamíns e alevíns de Cee por este comezo. Por outra parte o marrón levaronno as de SD A Baña pois caeron claramente ante as de Meaño cando o ano pasado as superaran con facilidade. A falta de entreno notouse moito nas do val da Barcala.

 

Vindeira xornada

Para esta fin de semana toca o campionato zonal, onde participan deportistas das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Pais Vasco e Castela León, que desta vez celebrarase no recinto feiral de Silleda ao estar o Lalín Arena en obras.
Nesta edición serán poucos os participantes do club AD Zas que participen xogando. Brais Blanco en sub23, Raúl López e Alex Blanco en xuvenil; e Laura García en alevín serán os unicos representantes da comarca. So os nove primeiros de cada categoría teñen garantizado a súa clasificación para o estatal de Valladolid do mes de febreiro. Poucas posiblidades para os nosos aiínda que non se descarta ningunha.

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios