Falece unha veciña de Lires nun accidente de tráfico en Bustelo

Triste nova coa que temos que despedir este luns 15 de xuño. Este mediodía, ao redor das 14:00 horas, produciuse un accidente no lugar dumbriés de Bustelo (á altura de Madeiras Casais) que se saldou cunha falecida. Ao parecer, o coche no que circulaba como acompañante saiúse da vía, pola súa marxe dereita, impactando contra un poste da luz o que provocou a súa morte practicamente no acto. A facelida, que quedou  atrapada entre os anacos do coche, tiña uns setenta anos de idade e era veciña de Lires (Cee). O conductor tivo que ser trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee cunha crise de ansiedade. Ata o lugar do suceso achegáronse os Bombeiros de Cee, Axentes da Garda Civil de Tráfico e o 061.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (Que Pasa na Costa)