Falece un mozo de Gures ao caer por un terraplén tras sufrir un accidente en Ameixenda
19:38 30/06/19
Tráxica tarde dominical co pasamento dun mozo de Gures. O accidente acontecía pasadas as 14.15 da tarde cando un coche sufría unha saída de vía na estrada que une Cee e Muros ao se paso por Ameixenda, caendo por un terraplén.
Tras recibir a chamada dun particular, o 112 mobilizou á Garda Civil, Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil da localidade. Os sanitarios só puideron ratificar o seu falecemento.
Os Bombeiros tiveron que excarcerar o corpo sen vida do mozo, nunha operación que alongou varias horas.
O finado é Bruno Castro, de 34 anos, e a familia da SD Ameixenda, da que era xogador, quere amosar a súa dor ante o acontecemento. O Fútbol costeiro tamén está enviando a través das redes numerosas mostras de apoio.