Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FEGADACE organiza en Cee un curso de atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral

230306_Curso-atencion-fogar_Cee
FEGADACE organiza en Cee un curso de atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral

Os traballadores e traballadoras responsables da atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral adquirido e as familias e persoas coidadoras informais son o público principal ao que se dirixe unha nova acción formativa organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), aínda que tamén se pode matricular calquera outra persoa interesada.

Co título ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’, esta formación vai estar impartida por profesionais da Federación co obxectivo de mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con esta discapacidade a través da capacitación das persoas que se fan cargo do seu coidado na casa.

O curso vai ter lugar Casa da Cultura de Cee (Aula de Teoría, 3º andar), é gratuíto e para inscribirse cómpre chamar aos teléfonos 689 083 144 ou 881 943 148 ou escribir a [email protected]. No caso de precisar información adicional pódese contactar con FEGADACE ou co departamento de Orientación Laboral do Concello de Cee. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Está distribuído en dúas sesións: o luns 6 de marzo de 16:00 a 20:00 e o xoves 9 do mesmo mes, tamén de 16:00 a 20:00.

Comentarios