Xoves. 02.12.2021
El tiempo

Fernando Castro, mestre do IES Fernando Blanco, gaña o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

Fernando Castro, mestre do IES Fernando Blanco, gaña o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño
Novo premio para o IES Fernando Blanco de Cee no campo do teatro despois de que a semana pasada unha das alumnas do centro recibira o premio especial de Mellor Actriz Escolar. Nesta ocasión, o mestre de lingua castelá e literatura e un dos responsables do grupo de teatro Tuéjele - Fernando Castro Paredes - resultou gañador do I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño, organizado pola editorial Galaxia, coas súa obra "A derradeira bala". No certamen presentaronse 22 obras. Fernando resultou gañador coa súa obraA derradeira bala, impoñéndose a 22 obras presentadas. O xurado destacou da obra gañadora a habilidade coa que o autor trata temas como o amor e a guerra dunha maneira lúdica e sinxela. Levando a cabo un tratamento do absurdo dos conflitos bélicos dende o propio absurdo. A obra amosa as voltas que dá a vida e a estupidez de moitas das escollas ás que nos aferramos con fervor, poñendo de relevo a necesidade de enfrontarmos conflitos morais e tomar decisións complexas. En canto á linguaxe destacan a ironía e o humor así como o coidado da dimensión poética. Esta non é a primeira vez que Fernando Castro gaña un premio deste estilo, xa que o pasado mes de decembro recibiu o premio de textos teatrais Varela Buxán pola súa obra "Pallaso". Novas relacionadas Fonte

comentarios