Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo

Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo
A fabrica de Ferroatlantica en Cee de noite A fábrica de Ferroatlántica en Cee de noite

Segue o BNG a crear incertidume aos traballadores da fábrica de Cee. Despois de que Deputación aumentase a presión pública, desta volta sae á palestra o deputado do BNG, Francisco Jorquera, para instar á Xunta a exixir á empresa Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e postos de traballo na factoría de CEE e impulsar medidas contra a deslocalización.

A empresa asegura que "non entende a que se debe este debate que está enriba da mesa, xa que en ningún caso está en risco o mantemento dos postos de traballo das fábricas galegas". Dende a dirección ceense, sinalan que "como en calquera outra empresa, medidas desta índole só se producirían se as fábricas non fosen competitivas e hoxe por hoxe, o complexo de Cee-Dumbría é o primeiro do grupo en competitividade".

Ferroaltántica no Parlamento

Jorquera falou onte na comisión de Economía, lembrando as medidas iniciadas pola Xunta para cumprir o acordo unánime do pasado 18 de febreiro relativo ao mantemento da actividade produtiva e postos de traballo na factoría ceense. Acusa á empresa de Villar Mir de que, “pese a beneficiarse de concesións públicas para explotar recursos naturais “no noso país” incumpre de maneira constante os seus compromisos”.

Acusa ademais Jorquera a director xeral de Industria, Bernardo Tahoces, de eludir responder as cuestións formulados polo deputado do BNG e centrou a súa intervención sobre a situación das minicentrais do Xallas. Na réplica Jorquera volveu a preguntar se é certo que se está a reducir a produción en ferroaleacións e potenciando o silicio solar fóra de Galicia, e se é igualmente certo que pecha Ferroatlántica I+D en Sabón para trasladala a Francia.

Jorquera lembrou ademais que a empresa comprometérase en 1997 a construir un novo forno, e que no proxecto de repotenciación das minicentrais do Xallas, máis alá da afectación medioambiental e do nulo retorno económico vostedes anunciaron a creación de 700 postos de traballo pero en realidade só foron creados 7 directos en Galicia e 26 en Madrid.

  Novas relacionadas Fonte

Comentarios