A Fundación Fernando Blanco continúa o seu activo Outubro Cultural
Onte tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Cee unha nova sesión do Programa O Mes da Fundación, da man da Deputación, a contada interactiva "Noa no espello" a cargo da actriz e pedagoga Sabela Gago. Noa, a protagonista do conto, é unha nena que lle custa ser ceptada polos seus amig@s polo simple feiro de que ten uns gustos e afeccións distintos aos da maioría. Pero Noa é unha nena valente e non se rende, e vai conseguir vencer esas dificultades para poder desfrutar da amizade dos seus compañeir@s.
Asistiron un total de 75 nen@s de infantil, 1º e 2º de Primaria da Escola de Pereiriña, CEIP A Igrexa de Brens e CEIP Eugenio López de Cee.
Novas actividades
O programa continúa o xoves 21 con Raquel Queizás e "Caso pechado" para alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Eugenio López e usuari@s de ASPADEX; o venres 22 coa conferencia "Perdela razón polas formas" do psicólogo Daniel Novoa para alumnado de Bacharelato do IES Fernando Blanco, e o sábado 23, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Cee co monólogo de Avelino González "Chistes que foron contos" para público en xeral.