Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O goberno avalía os seus investimentos en Cee, un dos Concellos que máis fondos estatais percibiu

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Pedro Blanco no mercado de Cee
O goberno avalía os seus investimentos en Cee, un dos Concellos que máis fondos estatais percibiu

Recibía onte a vila de Cee a visita do novo delegado do Goberno Pedro Blanco. Unha cita para avaliar as últimas axudas concedidas polo goberno ao concello de Cee para a transformación do Mercado Municipal e mellorar a contorna do CEIP Vila de Cee.

O delegado valorou o “enorme impacto” dos investimentos do Goberno no municipio, de ata 3,5 millóns de euros en varias convocatorias, convertindo á vila da Xunqueira nun dos “Concellos que máis fondos percibiu da comarca nos últimos anos” en materia de transición ecolóxica e dixitalización.

Un dos máis importantes levados os últimos tempo foi o proxecto de transformación do mercado municipal /AmaCee/, para o que vén de conceder unha subvención de 1.057.979,36 euros. A subvención representa o 80% do total do proxecto (que ascende a 1.322.474,19 euros). Forma parte da convocatoria 2022 de axudas a fomento dos mercados urbanos sostibles, unha das liñas de apoio ao comercio que executa o Ministerio de Industria dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Máis axudas

A esta axuda únese a recente concesión dunha subvención de 541.461,36 euros a través do programa do Ministerio de Sanidade e a FEMP para a promoción de hábitos de vida saudable nos concellos e que tamén forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O delegado sinalou que esta financiación permitirá rehabilitar a contorna do CEIP “Vila de Cee” favorecendo os itinerarios peonís neste entorno.

Blanco lembrou os 2 millóns investidos os anos pasads na renovación de toda a iluminación pública do municipio. E tamén o programa UNICO-Banda Ancha e tamén do Plan de Recuperación, que permitirá achegar a conexión a internet de alta velocidade mediante fibra a máis de 400 fogares e empresas deste concello. No conxunto da comarca, son máis de 8.100 vivendas e locais os que gañarán esta conectividade antes da fin de 2024.

Comentarios