Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Gran fin de semana para a Fundación Fernando Blanco

Becados pola Fundacion Fernando Blanco
Os 5 becados pola Fundacion Fernando Blanco. Foto: Rafa Quintáns
Gran fin de semana para a Fundación Fernando Blanco

Intensa xornada a que se viviu na Fundación Fernando Blanco de Cee este sábado 23 de outubro. Pola mañá o Salón de Actos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, acolleu o acto de entrega da X Edición das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ao curso 2020-2021, as cales están organizadas conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración de varias firmas comerciais (O Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García, Inforneria e Abanca).

Asistiron ao acto de entrega, ademais, os representantes dos establecementos colaboradores, integrantes do Padroado da Fundación, equipo directivo e profesorado do IES Fernando Blanco, familias e alumnado de 1º Ciclo Básico, 2º da ESO, 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior.

Foto de Familia Becas Fernando Blanco

Con estas Becas Premio, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes do alumnado, así como, ao mesmo tempo, recuperar unha tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que xa no Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase a necesidade de entregar recompensas aos mellores expedientes de cada curso.

As notas d@s premiad@os desta edición oscilaron entre o 9 e o 10. Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores). @s premiad@s nesta octava edición das Becas-Premio Fernando Blanco foron foron:

  • David Santabaya Paz (2º ESO).
  • Martín Hernández Abad (1º BACHARELATO).
  • Andrés Rodríguez Suárez (1º CICLO BÁSICO – ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA)
  • Juan Alejandro Ferrío Correia (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA).
  • Tamara Martins Lago (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS).

Ofrenda Fernando Blanco
Os 5 becados fixeron a ofrenda a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintáns

Comentarios