O IES Agra de Raíces debulla as consecuencias da falta de profesorado AL e PT nun informe
- O centro denuncia que se “está limitando o exercicio pleno do dereito á educación ao alumnado por parte da administración”
Vén de enviarlle á Consellería de Educación o IES Agra de Raíces un completo informe asinado polo Claustro do profesorado e o Consello escolar que recolle a situación actual derivada da falta de profesorado especialista en audición e linguaxe (AL) e pedagoxía terapéutica (PT) para atender á diversidade do alumnado, especialmente ao que ten necesidades educativas especiais. No documento ponse de manifesto “a desatención total na especialidade de audición e linguaxe a todo o alumnado con esa necesidade, e tamén a desatención en pedagoxía terapéutica a un número importante de alumnos e alumnas con informes psicopedagóxicos que así o indican”.
Dende o centro teñen claro que “se está limitando o exercicio pleno do dereito á educación ao alumnado por parte da administración educativa, ao non dotar ao centro do persoal especialista necesario para atender esas necesidades”.
No informe o Centro que a lexislación establece como propiridade atender, cos recursos que se necesiten, ao alumnado máisvulnerable, obrigando ás administracións a dotar os centros dos especialistas necesarios para a demanda existente. O informe recolle tamén premisas da propia constitución, así como as liñas básicas sobre inclusión da LOMLOE e das propias leis autonómicas.
Todo este marco, para debullar a situación do centro ceense: 65 alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), dos que cales 7 son con Necesidades Educativas Especiais (NEE). Destes 5 precisan especialista en PT e AL, e tres acompañamento de persoal coidados. Destes 5, dous alumns están escolarizados na modalidade combinada, permancendo 3 días no centro e outros 2 en centro de educación especial.
”Dende o comezo de curso o persoal auxiliar coidador é totalmente insuficiente para atender no seus despazamentos, hixiene, aseo e alimentación aos tres alumn@s que o precisan, notoriamente os luns cando coinciden”. O 27 de novembro, tras moitas queixas, incorporouse outra persoa auxiliar coidadora que se comparte co CEIP Vila de Cee, unha importante mellora”.
Afirman que as dúas especialistas PT realizan 40 horas lectivas, pero os tres alumn@s necesitan 45 de atención destas especialistas.
Así, o centro asegura que é capaz de atender a 7 alumnos con necesidades de Pedagoxía Terapéutica, pero que quedan outros 7 sen poder ser tratados como si estaban o ano pasado e como deberían ter segundo os informes. Ademais, no eido das necesidades de audicion e linguaxe hai 9 alumnas que o ano pasado tiveron unha atención especializada e que este ano non.
”Esta situación de insuficiencia de recursos para anteder ao alumnado NEE xa foi tratada a finais do curso pasado, envieando un informe á Inspección Educativa, pero que non foi tido en conta. Este curso, o centro pediu reforzos en varias ocasións, desestimadas en varias ocasións a pesar da mobilización de toda a comunidade esclar.
Así, o centro fai varias propostas: Continuar a demandar a asignación de recursos necesarios para garantir a inclusión, que serían cando menos un AL e outro PT; avisan de que o profesorado non pode impartir formación para que o non está formado; e abre un calendario de diálogo coa familias e a ANPA para preparar un calendario de mobilizacións.