As comunidades escolares do IES Agra de Raíces e CEIP Vila de Cee póñense en folga contra os recortes

Continúa a loita contra os recortes en materia de apoio ás NEE e NEAR da Xunta das comunidades do IES Agra Raíces e o do CEIP Vila de Cee. E desta volta, familias, alumnado e profesorado unen forzas nunha presionante folga, que se desenvolverá naxornada deste xoves 25 de setembro, seguindo a convocatoria realizada a nivel nacional pola CIG-Ensino, que inclúe unha manifestación esta mañá de xoves, ás 12:00h, en Compostela.
Familias, mestres e alumnado de ambos centros uniranse nunha concentración ás 20:15 na Praza da Muller (Cee).
O BNG LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN
Ante esta situación, o Bng de Cee propón ao pleno do concello de Cee instar a Consellería de Eduación a que dote de inmediato ao CEIP Vila de Cee con persoal necesario e cualificado para atender as demandas da comunidade educativa, cando menos un PT que complete a atención as crianzas con necesidades, instar a Consellería de Eduación a que dote con urxencia ao IES Agra de Raíces do persoal imprescindible para garantir a atención a todo o alumnado, cando menos con catro profesionais de Pedagoxía Terapéutica (PT), dúas especialistas en ATE e media en Audición e Linguaxe (AL), así como reforzar o servizo de orientación e instar a Consellaría de educación a dar solución aos problemas de transporte escolar nos institutos IES Fernando Blanco e IES Agra de Raíces, de maneira que o alumnado poida entrar e sair nos horarios establecidos e que poidan viaxar en condicións de insegurdade nos autobuses.
A situación do CEIP Vila de Cee
No CEIP Plurilingüe Vila de Cee, o alumnado precisa de, aló menos, dez horas máis á semana de pedagoxía terapéutica (PT)
A situación de 1º ESO do IES Agra Raíces
O alumnado quedou dividido en tan só dúas aulas, en grupos que se atopan na ratio máxima legal de 30 estudantes por aula. Ante ausencia de profesionais de apoio ao alumnado con NEE e NEAE, os nenos e nenas non van poder estar atendidos como corresponde.
Este curso escolar incorpóranse ao primeiro curso da ESO catro alumnos con NEE de alta complexidade (TEA, pluridiscapacidade, síndrome de Down), que requiren atención permanente de PT e ATE en tarefas básicas (entradas, saídas, recreos, desprazamentos, hixiene, alimentación). Ademais, varios deles precisan tamén atención de Audición e Linguaxe (AL). COn eles chegaron tamén nove alumnos con NEAE.
En total, trece alumnos e alumnas con necesidades específicas sobre uns cincuenta e cinco matriculados,o que supón arredor do 24% do alumnado, unha cifra moi superior á media e que require unha dotación extraordinaria de recursos.
Nos catro anos anteriores, o instituto contou con dous PTs, unha coidadora e unha AL compartida. A día de hoxe só hai dous PTs e unha ATE para todo o centro, cando as necesidades se triplicaron.
O centro escolariza máis de 400 alumnos e alumnas, cun volume moi significativo de alumnado con necesidades, ao redor un 10-12%: de alumnado NEAE ou NEE.
En terceiro da ESO hai 2 alumnos con pluridiscapacidade que requiren acompañamento de ATE e atención de PT durante toda a xornada, outros 2 alumnos con NEE e certificado de discapacidade, así como uns 42 alumnos con necesidades de apoio educativo.
Ante esta situación o instituto conta con 2 PT, 1 ATE (coidadora), 1 orientadora, 0 horas de AL (cando nos últimos cursos si se viña dispoñendo deste apoio compartido)
Transporte escolar
Entre ourtas eivas, xisten liñas de autobuses con mais demanda que oferta, como ocorre cos que saen de Fisterra, onde se mestura alumnado con outros colectivos con tarxeta gratuíta e peregrinos que volven a Santiago. Isto ocorre desde febreiro do 2019, coa tramposa integración do servizo de autobuses.