Luns. 06.05.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco organiza un Curso de Capacitación Dixital para maiores

Curso Capacitacion Dixital IES Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco organiza un Curso de Capacitación Dixital para maiores

O IES Fernando Blanco forma parte da Rede de Centros de Capacitación Dixital dependentes da Consellería de Educación. Unha rede que pretende reducir a fenda dixital que sofren os nosos maiores do rural galego, invitándoos a sentirse, de novo, alumnos de instituto, para aprender a manexar as novas ferramentas tecnolóxicas das que todos xa dependemos.

Así, o centro ceense ofrece durante o mes de outubro cursos de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos ou colectivos vulnerables.

A duración dos cursos é de 30 horas, serán impartidos os martes, mércores e xoves do mes de outubro, tres horas ao día. Haberá quendas de 16:00 a 19:00h e de 18:30 a 21:30 e serán un máximo de 15 persoas. Os cursos comezarán o vindeiro 3 de outubro. Se hai moita demanda desenvolverase outra quenda que comezará o día 10.

O prazo de inscrición está aberto ata o 2 de outubro para a primeira quenda, pero seguramente se poderá seguir matriculando ata o 9 de outubro se hai demanda.

Teñen máis información na web do centro, poden chamar ou consultar no correo electrónico [email protected].

Comentarios