Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco puido aprender do talento feminino europeo

The Break-Talento Feminino Europeo no IES Fernando Blanco 12
O IES Fernando Blanco puido aprender do talento feminino europeo

Este xoves 1 de xuño o alumbado do IES Fernando Blanco de Cee recibiron a 10 mulleres emprendedoras de diferentes nacionalidades que están visitando España co proxecto
The Break, un proxecto no que están a participar 350 emprendedoras en toda España. Se ben en Laxe e Cabana están desenvolvendo o grupo da Costa da Morte, este é un grupo organizado polo Cluster TIC. 

O obxectivo é que mediante actividades e mentorizacións o alumnado descubra as posibilidades de emprender un negocio e lograr fixar poboación no ámbito rural.

No IES Fernando Blanco estiveron Adriana Bestea (romanesa) que ten en Viena un negocio de coaching e psicoloxía especializado en emigrantes, Iulia Stanescu (romanesa) que se dedica á consultoría e marketing dixital en Bucarest, Margarida Afonso (portuguesa) que vive en Lisboa e desenvolveu unha app para organizar eventos non profesionais, Veera Semi (finesa) que se dedica en Espoo á comunicación estratéxica, Marinara Marcato (brasileira/portuguesa) que vive en Cork e fai cursos online STEM para a mocidade, Anca Balas (romanesa) que vive en Cluj-Napoca e desenvolveu unha app para consultar nos supermercados os produtos máis saudables, Fabiola de Amorim (española) vive en Stuttgart e comercializa produtos naturais e biodegradables para usar durante a práctica do deporte, Leoni Freigi (libanesa) residente en París onde ten unha xoiaría de artesanía local, Liwah Wong (malaia) que creou en Berlín unha base de datos de literatura gris e Chiara Malizia (italiana) quen desenvolveu en Castelfranco unha app de realidade aumentada para tendas físicas.

As actividades desenvolvidas no centro comezaron cunha presentación das emprendedoras e continuaron coa formación de pequenos grupos de ata 10 alumnos e alumnas que foron os
que interactuaron coas poñentes e realizaron as 3 actividades propostas que se desenvolveron en lingua inglesa:

A xornada rematou cunha quenda de preguntas ás emprendedoras e un pequeno coloquio. Cómpre salientar que os grupos participantes estiveron preparando os días previos esta
actividade cos seus profesores e profesoras de Administrativo, Inglés e Economía.

Talento Feminino Europeo no IES Fernando Blanco

Comentarios