Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Talento feminino europeo para axudar a crear unha estratexia turística para o asentamento da Vía Véltica e o Destino Starlight

The Break Costa da Morte en Cabana
Sesión celebrada este xoves na Casa do Pendón de Cabana
Talento feminino europeo para axudar a crear unha estratexia turística para o asentamento da Vía Véltica e o Destino Starlight

14 mulleres profesionais chegadas de toda Europa participan nestas semanas nun proxecto singular: The Break Costa da Morte. Organizado por PymeOn, forma parte dos programas da Escola de Organización Industrial (EOI), desenvolvido por The Break Alliance e financiado cos Fondos de Próxima Xeración da Unión Europea.

A idea principal é reunir talento feminino europeo no marco da creación de contidos dixitais, e planificación turística, para axudar ao noso sector turístico a crear unha estratexia que axude a desenvolver dous proxectos que están empezando a convertirse en produtos:

As súas achegas servirán para poder determinar unha estratexia de desenvolvento tanto a nivel global, dende as administracións e entidades xestoras, pero tamén ofrecerán unha serie de accións concretas para que o propio empresariado, ao final o motor do sector, poida desenvolver de xeito particular.

Instaladas no Islow Coliving de Laxe, con Inés e Julio como anfitrións e socios do proxecto, as participantes (de Italia, Chequia, Polonia, Italia, Portugal, Togo, Hungría, Francia, Cantabria…) desenvolven diferentes talleres conxuntos na Casa do Pendón de Cabana, reciben informantes locais, e realizan visitas mentres aproveitan as tardes para manter vivos os seus proxectos profesionais.

Este pasado xoves dábase a primeira sesión para arrincar con esa estratexia, que pretende ser un primeiro paso, un avance para o seguinte grupo que chegará dentro duns meses, teña algo avanzado xa sobre o que poder comezar a traballar, aproveitando así as sinerxias de dous grupos de grandes relatoras.

Estiveron axudando a ofrecer un contexto sobre a realidade social, política, cultural e turística da Costa da Morte Virginia Barros (presidenta de Mar de Fábula, e guía turística recén saída do curso de monitores da Fundación Starlight), Yolanda Díaz (responsable da casa de turismo rural O Xastre de Anos e socia de APTCM) e Ubaldo Cerqueiro (responsabe de QPC).

The Break Costa da Morte
Virginia Barros explicando a súa visión sobre os dous proxectos

Entre os tres ofreceron un marco sobre a comarca e debullaron o nacemento destas dúas iniciativas, falando tamén doutras semellantes como o Camiño dos Faros.

O programa contará tamén coas visitas de Manolo Amigo, un dos grandes promotores da Vía Céltica, ou Jorge Mira, a alma do ceo costeiro.

A calidade destas profesionais, así como o bo desenvolvemento organizado por Noelia Rod. (Pymeon) e Inés do Islow fan predecir que sairá algo bonito deste proxecto que se vai poder implantar na nosa comarca.

Novas relacionadas

Comentarios