O IES Fernando Blanco suma o CM de Soldadura e caldeiraría á súa completa oferta de FP
27 de xuño de 2022 (08:04 h.)
A semana pasada coñecíamos as novas ensinanzas que nos ofrecen os Institutos da volta en materia de Formación Profesional. Ponteceso, Carballo e Baio son algúns dos centros que teñen novas ofertas, igual que o IES Fernando Blanco de Cee, que nos conta como son as súas.
O próximo curso haberá 2 novas ensinanzas no IES Fernando Blanco:
- Ensinanzas de castelán e galego para poboación inmigrante, en réxime de adultos (hoario tarde-noite).
- CM de Soldadura e caldeiraría, en modalidade dual.
O CM de Soldadura e caldeiraría (no que haberá só 12 prazas) súmase á ampla oferta de Formación Profesional do centro:
- CB de Electricidade e electrónica.
- CB de Mantemento de vehículos.
- CM de Electromecánica de vehículos automóbiles.
- CM de Instalacións eléctricas e automáticas.
- CM de Xestión administrativa.
- CM de Mantemento electromecánico.
- CS de Administración e finanzas.
- 2º curso do CS de Automatización e robótica industrial (modalidade dual).
Matrícula
A matrícula para as ensinanzas de castelán e galego para inmigrantes está aberta todo o ano. En canto aos ciclos formativos de FP desde o día 23 de xuño e ata o día 5 de xullo (inclusive) pódese realizar a solicitude de admisión a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/.
Máis novas sobre o FP
- As novidades da oferta de FP dos IES da Costa da Morte.
- A Cámara de Comercio fomenta o emprendemento “próximo, positivo e real” nos centros de FP d
- O IES Fernando Blanco conta con 55.000€ para dotar tecnoloxicamente as aulas do seu FP.