As novidades da oferta de FP dos IES da Costa da Morte

Envía a Consellería de Cultura, Educación e Universidade as principais novidades da oferta de FP nos Institutos de Galicia. Na Costa da Morte son varios cambios desta oferta educativa que ten unha saída case directa ao mercado laboral.
Por exemplo, no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, que suprime o CM de Xestión administrativa, pero introduce no seu catálogo o CM Atención a persoas en situación de dependencia (25 prazas).
En Carballo, o IES Alfredo Brañas tamén fai un cambio: Elimina o CM Actividades comerciais e inclúe o CS Comercio internacional (30 prazas).
A Xunta fai fincapé na oferta de FP Dual da comarca. É o caso do IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas), que ofrece 12 prazas para o CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Tamén o IES Monte Neme de Carballo ofrece unha oferta Dual co CS Mecatrónica industrial e oferta parcial de Construcións metálicas e oferta parcial de Procesos e calidade na industria alimentaria (12 prazas).
E por último, o IES Fernando Blanco, o de CM Soldadura e caldeiraría (12 prazas).
Máis novas sobre o FP
- A Cámara de Comercio fomenta o emprendemento “próximo, positivo e real” nos centros de FP de Cee.
- Alumnos do FP de Informática do IES de Baio levaron o seu proxecto COANA á Maker Faire Galicia.
- O IES de Baio asina un convenio con 4 empresas para ofrecer un FP Dual de Aplicacións Web.
- O IES Fernando Blanco conta con 55.000€ para dotar tecnoloxicamente as aulas do seu FP.