Venres. 19.04.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco suma o CM de Soldadura e caldeiraría á súa completa oferta de FP

Unha alumna do FP de INstalacions Electromecanicas do IES Fernando Blanco
Unha alumna do FP de Instalacións Electromecánicas do IES Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco suma o CM de Soldadura e caldeiraría á súa completa oferta de FP

A semana pasada coñecíamos as novas ensinanzas que nos ofrecen os Institutos da volta en materia de Formación Profesional. Ponteceso, Carballo e Baio son algúns dos centros que teñen novas ofertas, igual que o IES Fernando Blanco de Cee, que nos conta como son as súas.

O próximo curso haberá 2 novas ensinanzas no IES Fernando Blanco:

  • Ensinanzas de castelán e galego para poboación inmigrante, en réxime de adultos (hoario tarde-noite).
  • CM de Soldadura e caldeiraría, en modalidade dual.

O CM de Soldadura e caldeiraría (no que haberá só 12 prazas) súmase á ampla oferta de Formación Profesional do centro:

  • CB de Electricidade e electrónica.
  • CB de Mantemento de vehículos.
  • CM de Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • CM de Instalacións eléctricas e automáticas.
  • CM de Xestión administrativa.
  • CM de Mantemento electromecánico.
  • CS de Administración e finanzas.
  • 2º curso do CS de Automatización e robótica industrial (modalidade dual).

Matrícula

A matrícula para as ensinanzas de castelán e galego para inmigrantes está aberta todo o ano. En canto aos ciclos formativos de FP desde o día 23 de xuño e ata o día 5 de xullo (inclusive) pódese realizar a solicitude de admisión a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/.

Máis novas sobre o FP

Comentarios