Venres. 11.10.2024
El tiempo

O IES e a Fundación Fernando Blanco entregaron as becas aos 5 alumn@s máis brillantes

Becas IES Fernando Blanco
Foto de familia
O IES e a Fundación Fernando Blanco entregaron as becas aos 5 alumn@s máis brillantes

Fermosa e motiva mañá de venres a desenvolvida no salón de actos do IES Fernando Blanco, con motivo da entrega das XI Becas- Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2021-2022. Unhas becas organizadas Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración varias firmas comerciais (Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. (Mapfre Seguros), Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).

Fundacion Fernando Blanco ofrenda floral

O acto comezou coa tradicional ofrenda floral no sepulcro do fundador, situado na capela do centro educativo, o cal foi depositado polo alumnado premiado nesta XI Edición como mostra de cariño, admiración e eterna gratitude.

Os discursos da cerimonia correron a cargo de Darío Areas Domínguez (Secretario da Fundación), do alumnado premiado e de ) e de Chelo Trillo Lago (Directora do I.E.S. Fernando Blanco e Presidenta da Fundación), a cal foi a encargada de pechalo evento. E tamén houbo música a cargo de Marcos Traba, quen deleitou aos presentes con tres pezas.

Pero os grandes protagonistas foron es@s alum@s que tivero notas de entre 9 e 10:

  • David Santabaya Paz (3º ESO)
  • Adriana Castiñeira Iglesias (1º Bacharelato)
  • Rois Nazareth Mayo Iglesias (1º Ciclo Básico - Electricidade e Electrónica).
  • Sara Andrade Formoso (1º Ciclo Medio - Xestión Administrativa).
  • Alejandro Lavandeira Casais (1º Ciclo Superior - Automatización e robótica industrial).

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Comentarios