Julio López, novo presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo

Este pasado martes, a Federación Galega de Estacións de Servicio anunciaba un cambio na directiva, sendo Julio López, de Bazarra, o seu novo presidente. O responsable do espazo ceense afronta “con ilusión e responsabilidade un mandato nun momento difícil para o sector, cheo de incertezas”, con nova competencia “lowcost” e no que cada vez é máis habitual ver pechar estacións históricas.

Apunta na dirección de ofrecer novos combustibles nas estacións, para o que o sector buscará fondos dos Next Generation EU ("temos 5 millóns reservados e outros 5 en marcha"). A FEGAES reitera ademais o modelo de atención personalizada, xerando máis de 2.000 postos de traballo en Galicia e ofrecendo un servizo que o cidadán valora. Loitarán, asegura López, pola rebaixa do IVE dos combustibles.

A súa empresa, con máis de 50 anos de historia será, de seguro, un modelo no que se fixará a Federación, evolucionando cara a oferta ampla de numerosos servizos, e en clara tendencia cara o coidado do medio ambiente, como o Ecolavado Vertido 0, a nova aposta medioambiental de Bazarra.

Novas relacionadas

Máis novas