Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Iniciativas contra o coronavirus: Café de balde aos camioneiros e limpezas aos vehículos sanitarios

Boas practicas do Coronavirus na Estacion de Servizo Bazarra
Boas prácticas ante o Coronavirus na Estación de Servizo Bazarra
Iniciativas contra o coronavirus: Café de balde aos camioneiros e limpezas aos vehículos sanitarios

Con este grado de tolemia colectiva, queremos resaltar aquelas iniciativas fermosas que nos sacan un sorriso e que se poden contar entre nas Boas prácticas para facer fronte a esa corentena. Por exemplo, a da Estación de Servizo Bazarra, que consciente da situación que viven os centos de persoas que non poden quedar na casa. Todas esas persoas, como as propias profesionais da gasolinera, que teñen que seguir traballando.

Para eles, sobre todo para os transportistas, ofrecen, tendo en conta que todos os bares están pechados, un café, de balde.

Unha boa iniciativa para un negocio que está sufrindo, e que vai sufrir esta corentena. Ademais da baixada de venda de combustible, teñen o taller pechado e a cafetería, e contan xa con perder unha das mellores épocas do ano: a Semana Santa.

Ademais, ofrecen o seu autolavado para que as Ambulancias, Policía, Garda Civil e Servizos Funebres (e mesmo taxistas), poidan lavar o coche todos os días gratis nas instalacións.

Numerosas medidas

A estación é un exemplo para outros establecimentos que teñen que seguri abertos. As traballadoras conseguiron luvas e mascarilas; instalaron unha mampara para pagar, e mesmo limpan con xel desinfectante os bolis de cada sinatura (recoméndase, lembren, pagar con tarxeta), puidendo entrar na tenda só dúas persoas e temos sinalizado distancia no chan para que non se acheguen entre eles a menos de 1 metro.
Os surtidores son desinfectados 3 veces ao día e non poden ser usados polos clientes.

Novas relacionadas

Comentarios