A Lotería Nacional deixa 120.000€ no Centro Comercial Finisterrae de Cee

13:51 28/09/20
Caeu a sorte esta fin de semana por Cee. A administración de lotería da Costa da Morte, situada no Centro Comercial Finisterrae de Cee, vén de repartir o segundo premio da Lotería Nacional.
Foron varios os veciños que mercaron o número 69054, un número “abonado” da casa, que sempre reserva tanto para a Lotería Nacional como para Nadal ou Reis. En total foron 10 os vécimos vendidos a 12.000€ cada un.