Máis 200 sinaturas avalan a petición dunha pista de Skate en Cee


Xa o apuntaba, con máis acerto social que lingüístico, o candidato á alcaldía de Cee Álvaro Fernández, no debate electoral artellado por QPC. A xuventude da zona estaría encantada coa posibilidade de ter un espazo onde patinar e practicar skate.
De feito, Samuel Piñeiro vén de realizar unha petición na plataforma Change.org, para constriuír esa pista de skate (o “eskieskai” do “Montañés”) na vila da Xunqueira. E xa conta con máis de 200 sinaturas.
A mocidade pide a pista pista de patinaxe “onde os que practican este deporte poidan facelo libremente, con seguridade e sen molestar aos transeúntes e demais usuarios dos espazos públicos”.
Unha pista que poderá ser un incentivo para que a xuventude realice actividades sas e ao aire libre, facendo de Cee ademais unha vila máis atractiva e xuvenil.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).