Mans ás flores polo Corpus

12:30 19/06/17

Dende as 5:00h da mañá se puxeron mans ás flores ducias de mulleres por toda a bisbarra. As Festas do Corpus de Cee ou Laxe demostran que a devoción e a artesanía máis auténtica seguen moi vivas. Por Laxe, un grupo de 7 mulleres feligresas levaban 15 días cortando flores pola contorna para que o pasado sábado, no marco da festa, se levantasen ás 5:00h da maña para preparar estas fermosísimas alfombras.


En Cee, recuperando unha tradición

Como en media Galicia tamén acollía Cee unha fermosa alfombra Floral do Corpus Christi, unha tradición recuperada este ano na Igrexa da Xunqueira por un grupo de voluntarios de Caritas Parroquial de Cee. Neste caso foi as 6:00h cando se erguían os voluntarios para deixar estas fermosa imaxes.

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).