Venres. 26.04.2024
El tiempo

En marcha a XI edición das Becas Premio Fernando Blanco

Becas Premio Fernando Blanco Curso 2021-2022
Becas Premio Fernando Blanco Curso 2021-2022
En marcha a XI edición das Becas Premio Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a undécima edición das Becas Premio Fernando Blanco correspondentes ao Curso 2021-2022.

Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre   obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do instituto ceense, e, por outro, recuperar una tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Ao longo das dez edicións anteriores foron agasallados un total de 50 alumn@s do centenario instituto da vila da Xunqueira.

Ao igual que en edicións pasadas, ditas Becas Premio teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3o da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e
280 € en vales de compra a consumir en algún dos establecementos colaboradores).
O alumnado que opte a estas Becas Premio deberá ter todas as materias aprobadas no mes de xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

A cerimonia de entrega dos Becas Premio celebrarase, nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2022, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco sempre que a situación epidemiolóxica así o permitta.

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varios establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con estes galardóns, e aos que a Fundación Fernando Blanco e a comunidade educativa do I.E.S. Fernando Blanco de Cee queren amosar a súa mais sincera gratitude. Máis información
As bases completas que rexerán a concesión das Becas Premio Académicos Fernando Blanco Curso 2021 – 2022 atópanse na web do museo
 

Comentarios