Luns. 01.06.2020
El tiempo

Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo

Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo
Marcos Rodríguez recibindo un novo premio da FEPFI en Segovia Marcos Rodríguez recibindo un novo premio da FEPFI en Segovia Xa o sabíamos dende marzo, pero as entregas de recoñecementos son sempre momentos tremendamente emocionantes. O carballés Marcos Rodríguez segue abusando nos certames estatais de fotografía, e ameaza con facelo propio nos mundiais. O pasado sábado, recibiu en Segovia o premio a “Mellor fotógrafo do ano” na categoría de “Reportaxe Gráfico” (por segundo ano consecutivo) que outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe (FEPFI). Ademais recibiu o Certificado e trofeo á “Calidade Fotográfica” que a federación outorga por estar presente coas súas obras na Colección de Honor durante tres anos consecutivos. Non quedaron aí os éxitos de MR, pois acadou un deses soños que tivo dende que ben pequeno, dende que sabía o que quería ser: “Maestro Fotógrafo”. Marcos Rodriguez recibindo un novo premio da FEPFI en Segovia 2 Marcos Rodriguez recibindo un novo premio da FEPFI en Segovia 2 Marcos Rodriguez recibindo un novo premio da FEPFI en Segovia Marcos Rodríguez fíxose con este galardón cunha fotografía tomada na Costa da Morte dunha balea varada en Corcubión en 2014, coa cal xa obtivo o “Gold Camera of the Year” que recibiu da FEP (Federación Europea) en Catania (Sicilia) o pasado 2 de abril. Foto premiada da balea de Marcos Rodriguez Foto premiada da balea varada en Corcubión en 2014 de Marcos Rodriguez O propio MR compartía a súa alegría polas redes sociais: “Escóitase moitas veces que todo esforzo ten o seu recompensa, pero é que é verdade, non pretendo que soe pedante nin nada semellante, pero non foi algo regalado, foi algo que me currei a base de moitas horas de restarlle a outras cousas. Foron madrugones, caídas, molladuras, sustos, máis sustos, máis caídas e máis molladuras para conseguir as miñas imaxes, as que quero que representen o meu traballo, pero abrigo, as que quero que me representen a min. Apaixóname a fotografía desde antes de ter memoria e aínda así, si fai 21 anos alguén me dixese que me ía a pasar isto, simplemente mandaríao ao carallo (real como a vida mesma) Pero pola contra, aquí estou, e valóroo moitísimo.”

Novas relacionadas

Fonte

comentarios