Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Margarita Lamela segue os pasos do pai como presidente da Fundación Fernando Blanco

Margarita Lamela co seu pai Manuel Lamela durante a investidura-Foto-Rafa Quintáns
Margarita Lamela co seu pai Manuel Lamela durante a investidura-Foto-Rafa Quintáns
Margarita Lamela segue os pasos do pai como presidente da Fundación Fernando Blanco

Seguindo os Estatutos da Fundación Fernando Blanco, a nova alcaldesa de Cee eríxese tamén como Presidente/a da centenaria Fundación ceense. Margarita Lamela Louzán xa tomou posesión na reunión celebrada o pasado martes 25 de xuño.

A nova Presidenta manifestou que era un orgullo presidir a Fundación por todo o que significou e significa para Cee, e que lle facía moita ilusión afrontar esta etapa nunha entidade á que se sente moi ligada pois o seu pai, Manuel Lamela Lestón, presidiuna en dúas etapas, ademais de ser Director do Instituto Fernando Blanco durante varios anos.

Os anteriores Presidentes da Fundación Fernando Blanco foron Manuel Trillo Freire (1960); José Antonio Trillo Durán (de 1960 a 1969); José Sánchez García (de 1969 a 1979); Manuel Lamela Lestón (dúas etapas: de 1979 a 1987, e de 1995 a 2001); Manuel Castro Castro (de 1987 a 1995), Antonio Domínguez García (de 2001 a 2007); Ramón Vigo Sambade (dúas etapas: de 2007 a 2011, e de 2015 a 2019) e Zaira Rodríguez Pérez (de 2011 a 2015).

O resto de integrantes do Padroado da Fundación son Chelo Trillo Lago, Eva García Caamaño, Desiré Kouakou Tanoh e Darío Areas Domínguez.

Comentarios