María Couso analizará en Cee a relación das pantallas co cerebro das nosas crianzas
10:08 16/11/23
Tralo éxito da charla desenvolta en Cabana o Centro de Formación e Recursos (CFR) prepara outra xornada de formación para familias e profesionais do ensino sobre o impacto das pantallas sobre o cerebro das nosas crianzas.
Será de novo María Couso, licenciada en Pedagoxía, e autora do proxecto Playfun Learning, a que analice as consecuencias cognitivas do uso das pantallas (tv, teléfonos, tabletas…) nos primeiros anos de vida.
A cita será o mércores 22 de novembro, ás 19:00h na Casa da Cultura de Cee.