venres. 11.07.2025
El tiempo

Medio millón de euros para a reforma do campo do San Paio de Refoxos

FB_IMG_1752240436878
Imaxe da final da Copa no San Paio de Refoxos. Foto: Jorge Castro
Medio millón de euros para a reforma do campo do San Paio de Refoxos

Quedou asinado este venres o convenio de colaboración entre o Concello de Ce e a Deputao para cofinanciar as obras de reforma integral do complexo deportivo de San Paio de Refoxos. 

O investimento total ascende a 496.707,84 euros, dos cales a Deputación aportará o 80% (397.366,27 €), mentres que o 20% restante será financiado polo Concello de Cee con recursos propios.

O convenio ten como principal obxectivo a construción dun novo campo de fútbol 7, así como resolver a canalización de pluviais e o saneamento, crear un acceso peonil ao recinto a través dunha senda, renovar a estrada de acceso e ampliar a zona de aparcamento.

As obras suporán a construción dun campo de fútbol 7 de herba artificial de última xeración anexo ao actual, rodeado por unha beirarrúa de formigón que delimitará o espazo e incluirá un sistema de rego por canóns. Ademais, abordarase a canalización das augas pluviais mediante unha infraestrutura soterrada formada por tubos de formigón armado conectados ao sistema xa existente.

En canto ao drenaxe do terreo, realizarase unha zanxa drenante cunha pendente mínima do 0,50%, equipada con tubos ranurados de PVC de dobre parede e envolta en xeotéxtil, para garantir unha correcta evacuación das augas subterráneas. Esta estrutura complementarase cunha cuneta triangular de formigón e unha capa de grava, garantindo o desaugadoiro eficiente do campo.

Tamén se executará unha senda peonil que permitirá un acceso seguro e cómodo ao recinto deportivo desde a estrada renovada, que tamén se verá mellorada como parte do proxecto. Por último, executarase unha rede de augas residuais que recollerá a rede interior dos vestiarios e a lavandería, canalizándoa ata a rede de augas fecais existente, aproveitando esta intervención para renovar o firme da calzada de acceso ás instalacións.

Comentarios