martes. 21.10.2025
El tiempo

O Mes da Fundación afronta a recta final cunha viaxe mitolóxica e outra astral

mes da fundacion fernando blanco 3
O Mes da Fundación afronta a recta final cunha viaxe mitolóxica e outra astral

Enfílase a recta final de outubro e tamén a recta final da XII Edición do Programa O Mes da Fundación.

Antes do peche desta fin de semana, o alumnado de primeiro e segundo da ESO do Colexio Manuela Rial, do IES Agra de Raíces e do IES Fernando Blanco asistirán o martes 21 à conferencia do antropólogo Rafael Quintía titulada "Unha viaxe polo fascinante mundo da mitoloxía galega".

O mércores 22 o alumnado de quinto de primaria do CEIP Vila de Cee e do CPR Manuela Rial teràn 4 sesións do planetario portátil "Navegando polo universo" da man do divulgador Íñigo de la Quadra-Salcedo.

Para a fin de semana, queda unha fermosa xornada de peche para o domingo, con ofrenda floral e actuación da zaseira Antía Muíño, unha das voces máis importantes da música galega contemporánea.

Comentarios