Venres. 26.04.2024
El tiempo

Momentos de Ameixenda para el cielo

Momentos de Ameixenda para el cielo
MOmentos entre el Cielo y la tierra de Cruz Caamano Cruz Caamaño Un pracer descubrir novos talentos na bisbarra. Non hai moito falabamos coa mazaricá Mari Carmen Rey Núñez. Hoxe baixamos ata Ameixenda, para coñecermos a Cruz Caamaño, que acaba de publicar o seu primeiro libro. "Momentos entre el Cielo y la Tierra”, editado por Editorial Albores consta de 112 relatos curtos, aínda que ela prefile chamalos "Momentos", porque diso se trata, de “instantes do día a día cos que pode sentirse identificada calquera persoa”. Tratan diferentes temáticas como asuntos familiares, sentimentais, psicolóxicos, etc... Cóntanos a propia Cruz que a súa primeira andaina no mundo da escritura comezou como un xogo. “A idea xurdiu a partir dun xogo que creei para entreterme e consistía en formar bloques de 12 palabras escolleitas ao azar no libro que estivese lendo nese momento. Cando acababa as faenas diarias, sentábame diante do ordenador para escribir un texto e aí tiña que incluír as palabras adaptándoas ao relato”. Cruz, por agora aínda máis lectora que escritora, leva toda a vida pegada aos libros. “Aínda que na miña época de estudante gozaba cando tiña que facer unha redacción ou un traballo onde tivese que dar renda solta á imaxinación, non foi ata fai dous anos, cando empecei a escribir como unha afección máis, entre outras que teño. É dicir, considérome unha simple afeccionada, unha principiante. Cando levaba uns 80 escritos, o meu marido animoume a publicalo. Nun principio pareceume un disparate, pero a idea foi germinando e ao final decidinme”. O libro é fácil de ler porque está escrito de forma sinxela e o lector pode parar onde lle apeteza sen necesidade de empezar e terminar para saber o final. Xa podedes mercar o libro a través da web da Ediciones Albores, ou tamén no Corte Inglés, A Casa o Libro, ou no Fnac. Así, podemos ir preparándonos para a súa primeira novela, que seguro que en breve se lanza a cubrir páxinas e páxinas. Nós estaremos atentos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios