O Museo Fernando Blanco prepárase para un ano de récord

Imaxe dunha visita guiada ao Museo Fernando Blanco en 2024

Aínda estamos en xaneiro, pero Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco e responsable do Museo da entidade, prepara xa a gorxa, pois todo apunta a que neste ano 2026 batirá o récord de visitas guiadas.

Por agora, o ano con mais visitas guiadas concertadas no Museoceeense foi o do 2024 con 44. Neste 2026, xa levan 3 e teñen outras 31 concertadas polo que o máis probable sexa que o Museo pegue un estirón de visitantes.

Unha das causas é o traballo do Grupo Fianteira Turismo, con sede en Sanxenxo, que a través da súa Axencia de Viaxes Interrías, ven de concertar un total de 31 visitas guiadas. Así, os mércores de abril, maio e xuño, unhas 1.500 persoas de distintos lugares do territorio nacional a través dun circuito cultural de 6 días onde, ademais de Cee, os grupos visitarán A Coruña, Santiago e distintas localidades da Costa da Morte.

Poderán ver ademais, os Tesouros da Fundación.

Máis info sobre o Museo