Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Museo Fernando Blanco supera xa as 3.000 visitas gracias ao programa escolar

O Museo abre un programa de visitas guiadas todos os venres
Visita no Museo Fernando Blanco
Visita da Asociación de ex – traballadores de Telefónica da provincia da Coruña.
O Museo Fernando Blanco supera xa as 3.000 visitas gracias ao programa escolar

Está a ser o ano 2022 un moi bo ano para o Museo Fernando Blanco de Cee no que se refire ao número de visitantes. No que vai de ano pasaron polo Museo un total de 3.094 persoas, das que 891 viñeron formando parte de 27 grupos que previamente concertaran unha vista guiada, e 2.203 accederon “por libre”.

As cifras supoñen un claro ascenso respecto aos anos 2020 e 2021, marcados pola pandemia, mais tamén respecto ao 2019, ano no que a estas alturas o número de visitantes era de 1.990 (505 en 16 grupos de visita concertada e 1.485 “por libre”).

Quen visita o centro

Na primeira parte do actual ano as visitas en grupo procederon maioritariamente de centros educativos, tomando o relevo agora as visitas de asociacións, entidades, colectivos ou grupos organizados dende algún Concello, como por exemplo o de Oleiros, que a través da área de Servizos Sociais trouxeron, e traerán, a Cee, a un bo número do seus usuarios maiores de 60 anos dentro do Programa “Ven e descubre”.

”Todas as visitas son especiais para nós, pero poderíamos destacar tres”, explica o responsable Darío Areas: “cada unha polo seus propios motivos: a do alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do I.E.S. Fernando Blanco polo evidente nexo de unión que hai entre Museo e Instituto; a dun grupo de estudantes de español procedentes de Chicago, que estaban a percorrelo Camiño, pola súa procedencia; e a dos integrantes da Asociación Benéfico Cultural do Partido Xudicial de Corcubión (Bos Aires) por algo que en Cee coñecemos de primeira man: o impagable traballo da emigración a prol do desenvolvemento educativo e cultural da nosa terra”.

Visita no Museo Fernando Blanco 2022

”O home que foi quen ollar máis aló”

Mentres, o Museo Fernando Blanco de Lema de Cee pon en marcha, de cara a tempada estival, o programa de visitas guiadas “Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar mais aló. Coñece o seu legado”. Este programa de visitas terá lugar tódolos venres ata o 16 de setembro incluido.

O horario de inicio de cada visita será as 11 horas no Museo Fernando Blanco de Cee, e terán una duración aproximada de 90-120 minutos.

Nas visitas farase un percorrido guiado polo Museo no que se dará a coñecer a figura do prócer ceense e a importancia do seu legado para o desenvolvemento educativo e cultural de Cee e contorna, para logo visítalo xardín botánico e a capela do Instituto onde repousan os seus restos mortais.
Será preciso inscribirse previamente ou ben no propio Museo o no teléfono 981.747.221. Grupos limitados (mínimo 10 persoas – máximo 20 persoas).

Novas relacionadas

OUTROS TESOUROS DA FUNDACIÓN

Comentarios