As visitas guiadas ao Museo Fernando Blanco seguen funcionando
Este venres, pola mañá, tivo lugar a segunda das visitas guiadas organizadas polo Museo Fernando Blanco de Cee para este verán baixo o título "Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar masi aló".
Xente de Cee, Mazaricos, Madrid, Zamora e da Arxentina participaron no roteiro que, coma sempre, deu inicio no Museo e rematou no Instituto Fernando Blanco.
Dúas horas e media intensas dedicadas a coñecer e recoñecer ao noso mais ilustre veciño, persoa clave no desenvolvemento educativo e cultural da nosa vila e da nosa contorna.
O vindeiro venres 9 de agosto, sempre que se reúnan un mínimo de 10 persoas, Darío Areas realizará a terceira visita.
Para inscribirse:
-No propio Museo Fernando Blanco de Cee
-No teléfono 981.747.221
-No correo [email protected]