Música e mindfulness para pechar un espectacular Mes da Fundación Fernando Blanco

Fotos de Xabier Díaz

Rematou o ambicioso programa do Outubro da Fundación Fernando Blanco. Un completo mes de conferencias e eventos culturais que demostran a importancia de contar con entidades vivas na comarca. Estes dias houbo conferencias e concertos de gran entidade, como o serviu para poñer un inmellorable peche: o de Xabier Díaz, cun audiorio practicamente cheo.

Charla

Ao longo da semana a Casa da Cultura acolleu unhas conferencia da psicóloga Belén Montesa e do tamén psicólogo Juan Carlos Permuy. Dous profesionais con experiencia no ámbito da docencia, desenvolvendo programas de regulación emocional, educación afectivo sexual, e prevención de condutas aditivas para adolescentes, para as súas familias e para a comunidade educativa en centros de primaria e secundaria.

Na charla afondaron na capacidade de regular os estados emocionais foi considerada como un aspecto esencial da educación integral das personas ao posibilitar o benestar persoal, a socialización e o logro laboral ou académico, entre outros beneficios.
A regulación emocional defínese como o conxunto de procesos a través dos cales influimos nas emocións que temos, cando as temos e como as experimentamos e expresamos. E repasaron o que é o mindfulness, a práctica de prestar atención dun xeito determinado: de forma deliberada, no momento presente e sen xuzgar. En este sentido, o entrenamento en mindfulness mostrou ser eficaz na mellora das habilidades de Regulación Emocional.
Na conferencia amosáronse algúns principios desta práctica co fin de incentivala curiosidade pola mesma.

Novas relacionadas